A Fundación Celta e Pabellón Ourense presentaron esta mañá o Campus de verán 2021. Organizarán a sétima edición do seu campus en Ourense do 5 ao 9 de xullo.
O acto de presentación -que se celebrou na Sala de Xuntas do Campo Os Remedios- deu o pistoletazo de saída á sétima edición do Campus Fundación Celta by Cabreiroá- Pabellón Ourense, celebrarase en Ourense entre o 28 de xuño e o 2 de xullo (nova data dispoñible) e entre o 5 e o 9 de xullo (prazas esgotadas).
A actividade desenvolverase nas instalacións do Campo Os Remedios e está destinada a nenos de 4 a 16 anos de idade, que participarán en horario de 9:45 a 14 horas. No acto de presentación estiveron presentes Germán Arteta, director da Fundación Celta, Manu Gómez coordinador de Campus e Escolas, Francisco Doforno presidente do Pavillón CF, Fernando Martínez, vicepresidente, Anibal Pereira, asesor do alcalde de Ourense e Cándido Gómez coordinador do fútbol basee do Pavillón Cf.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
Non esperes máis e lembra que tes a promoción ata o 4 de xuño dunha camiseta extra de adestramento gratis se te inscribes antes desa data, as inscricións xa están abertas para este verán!