foto firma Campos y Rial NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px

A Fundación Celta renova o seu convenio de colaboración coa correduría de seguros Campos y Rial

RC Celta

 

A Fundación Celta renova o seu convenio de colaboración coa correduría de seguros Campos e Rial. Prolóngase así a colaboración entre as dúas entidades, que comezou no ano 2019, co fin de apoiar ao equipo de fútbol Fundación Celta  Integra, formado por 27 xogadores e xogadoras con distintos graos de discapacidade, participante en competicións da Federación Galega de Deporte Adaptado e en LaLiga Genuine.

 

A firma, celebrada no Salón Rexio da Sede contou coa asistencia de Germán Arteta, director da Fundación Celta e José Rial, director técnico de Campos e Rial Correduría de Seguros.

 

Unha colaboración importante para a Fundación, para seguir na súa política de aprendizaxe, valores e deporte con estes mozos a través do fútbol.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas