Hemeroteca canteira

A Madroa acollerá a tres novos futbolistas do Reality Show ‘The Victorious’

RC Celta

Victorious.jpg

 

No día de hoxe chegaron a Vigo dous do tres concursantes gañadores do programa de televisión de Dubai ‘The Victorious’ para adestrar durante un ano en xunto ás categorías inferiores do RC Celta na Madroa. Ayoub Atib, marroquí de 18 anos e Ahmad El Yamani, palestino de 17 adestrarán durante o próximas tres semanas xunto ás categorías inferiores do RC Celta e a próxima tempada continuarán a súa formación. A eles uniráselles no mes de agosto o alxerino Smili Rabah, vencedor absoluto desta terceira edición.

 

O RC Celta participou de maneira activa no desenvolvemento e estivo presente como xurado ao longo de todo o programa no cal miles de mozos de diversos países árabes competiron en diferentes probas para lograr o seu soño de adestrar en equipos europeos. A oportunidade de adestrar coa entidade celeste foi o primeiro premio nesta terceira edición na que o RC Celta compartiu protagonismo con algunhas das principais figuras do fútbol mundial como Maradona ou Ronaldinho.

 

O club celeste e a súa fundación continúan avanzando no seu proceso de internacionalización a través da formación de novos valores, non só coa creación de novas escolas e campus internacionais senón coa acollida de deportistas de diferentes puntos do planeta que chegan a Vigo atraídos por unha metodoloxía xa recoñecida a nivel mundial.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas