O RC Celta B perdeu este domingo na súa visita á UD Melilla (1-0) nun partido no que os de Jacobo Montes mereceron mellor sorte. O filial celeste acumulou máis chegadas que o seu rival durante os 90 minutos e só a mala puntaría impediu un marcador mellor. Os locais anotaron o único gol do encontro no tramo final.
FICHA TÉCNICA
1 – UD Melilla: Oleaga, Carrión, Garay, Diana, Bo, Ortega, Ceberio, Ramos, Deco, Ruano e Carrillo
0 – RC Celta B: Rosic, Carreira, Ros, Fontán, Pampín, Moha, Molina, Solís, Yeboah, Bermejo e Manolito Apeh. Tamén xogaron Losada, Jacobo e Lauti
Goles: 1-0 Ramos, min 85;