O Salón Regio de A Sede foi o escenario do regreso dunha das iniciativas máis representativas do RC Celta, o Curso Denominación de Orixe Celta, cuxo obxectivo é potenciar a formación e especialización dos técnicos da entidade celeste e dos clubs convidos. A VI edición do evento desenrolada esta tarde terá continuidade con diferentes xornadas nos meses de outubro, novembro e decembro.
Como en anteriores ocasións, buscáronse ponentes de gran prestixio provenientes de numerosas disciplinas. Desde o comezo, esta foi unha das liñas básicas do proxecto, recibir coñecementos e experiencias de profesionais de distintas áreas, ata de fóra do propio deporte, co fin de ampliar a formación dos técnicos cunha importante perspectiva na súa visión do fútbol e da xestión de persoas.
A primeira xornada e de presentación do curso tivo como protagonista á viguesa Alicia Tojeiro, mellor profesora de España en 2020, quen compartiu cos técnicos as estratexias formativas que a fixeron merecedora de tan importante premio. O seu enfoque nos valores e nas emocións dos seus alumnos supuxo un enriquecedor exemplo para todos os asistentes.