O Celta Fortuna pechou a tempada 24/25 cunha derrota por 2-0 ante a Real Sociedade B en Zubieta, no partido correspondente á Xornada 38 do Grupo I da Primeira Federación. Este resultado deixou ao equipo na oitava posición da táboa, con 52 puntos.
Durante o encontro, o Fortuna mostrou unha actitude competitiva, pero atopouse cunha Real Sociedade moi sólida defensivamente. O equipo local aproveitou dúas ocasións para marcar, mentres que o filial celeste non logrou concretar as súas oportunidades. A pesar da derrota, o equipo de Fredi Álvarez mantivo a súa identidade e compromiso ata o final da tempada.
Con este resultado, a Celta Fortuna conclúe un curso no que demostrou unha notable e resiliente evolución, coa irrupción de ata 15 xuvenís en dinámica. O futuro da canteira é esperanzador.
Grazas canteiráns! Vémonos na 25/26.
FICHA TÉCNICA:
2 – Real Sociedad B: Fraga, Balda (Carrera, min 75), Lebarbier, Orobengoa, Goti (Agote, min 69), P. Rodríguez, Ramírez (Gibelarde, min 69), Marchal (Astiazarán, min 58), Rupérez, Carbonell y Gorosabel (Merino, min 69).
0- Celta Fortuna: César; Meixús (Anxo, min 56), Gael Alonso, Garriel (Manu Fernández, min 46); Milla (Yoel, min 60), Antañón, Dela (Burcio, min 79), Joel López; Jordi Escobar, Barreiros (Johan, min 56) y Óscar Marcos.
Goles: 1-0, min 44: Goti. 2-0, min 90: Merino.
Árbitro: Cueto Amigo (Castellano Leonés). Amarillas para Goti por el cuadro local y Meixús por los visitantes.
Incidencias: Partido correspondiente a la Jornada 38 del Grupo I de la Primera Federación disputado en Zubieta.