Os celestes venceron recentemente aos donostiarras no Torneo Real Sociedad
A Real Federación Española de Fútbol realizou esta mañá o sorteo da Copa do Rei Xuvenil. O Celta quedou emparellado coa Real Sociedad, ante a que se medirá nos oitavos de final nunha eliminatoria que se disputa a dobre partido. Os célticos serán os anfitrións do partido de ida, fixado para o 18 de maio, mentras que a volta xogarase o 25 de maio en San Sebastián.
O Celta Xuvenil A, subcampión da División de Honra, resultou vencedor recentemente do XXX Torneo Internacional Real Sociedad na súa categoría. Os canteiráns celestes superaron na final ao Espanyol tras eliminar a equipos como o FC Barcelona ou a propia Real Sociedad.
O proxecto de canteira do Celta, sustentado na gran labor da Fundación Celta e no apoio incondicional da afección, mantén a súa espectacular proxección, aumentando e consolidando sen cesar a súa presenza en reputadas competicións e en convocatorias internacionais das seleccións nacionais.
Emparellamentos
CD ATLÉTICO DE MADRID – CD TENERIFE
UD LAS PALMAS – REAL MADRID CF
MÁLAGA CF – GETAFE CF
LEVANTE UD – SEVILLA FC
RCD ESPANYOL – VALENCIA CF
DANOK BAT – FC BARCELONA
REAL RACING CLUB – SD HUESCA
RC CELTA – REAL SOCIEDAD