Novas canteira

A Sub-15 chama por primeira vez aos canteiráns Damián e Miguel Rodríguez

RC Celta

MIGUEL_Y_DAMIAN_RODRIGUEZ.jpg

 

Miguel Rodríguez Vidal e Damián Rodriguez Sousa, canteiráns do Celta Cadete B, foron convocados por primeira vez pola Selección Española Sub-15. Os xogadores celestes forman parte dunha lista de 24 futbolistas que entre os días 25 e 27 setembro adestraranse en Las Rozas baixo a batuta do seleccionador Santi Denia.

 

Miguel (Redondela, 2003) ocupa a posición de dianteiro, mentres que Damián (Ponteareas, 2003) desenvólvese tanto de centrocampista como de defensa central. Esta dobre convocatoria supón un novo recoñecemento ao contínuo traballo que o RC Celta e a súa Fundación realizan co fútbol base, ademais de reforzar a imaxe da canteira celeste como unha das que máis nutre de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas