WhatsApp Image 2024-12-01 at 22.48.07
A Canteira

Abanca Balaídos, o fortín do filial celeste | Celta Fortuna 2-0 Zamora CF

RC Celta

O Celta Fortuna segue facendo de Abanca Balaídos un fortín. No que vai de tempada, os pupilos de Fredi Álvarez non foron derrotados en casa, e este domingo contra o Zamora CF non ía ser menos. Os goles de Óscar Marcos e Emi Rodríguez asinaron a vitoria dun cadro celeste mozo e ambicioso.

Pablo Gavián, Andrés Antañón, Iago Barreiros e Óscar Marcos lideraron unha idea valente e ofensiva nunha primeira parte que se tinguiu de celeste. Durante as 45 iniciais, os locais controlaron o xogo con numerosas incursións á área rival comandadas por Tincho, quen foi unha dor de cabeza para a defensa zamorana. Con todo, os intentos quedaron en nada e o Fortuna entrou a vestiarios cun luminoso que se aferraba ao 0-0.

A recompensa non tardaría en chegar tras o reinicio. No minuto 54, un saque de esquina culminou nun disparo de Óscar Marcos que, tras unha acción previa de Tincho, rompeu a paridade e estreou a súa marcadora particular.

O Zamora tentou reaccionar con balóns longos á área, pero o Fortuna soubo protexerse mentres seguía tentando ampliar a vantaxe. Preto de logralo estivo de novo Tincho, pero sería Emi quen no tempo engadido aproveitaría un erro de Sobrón para sentenciar o encontro cun categórico 2-0.

Esta vitoria sitúa aos de Fredi Álvarez rozando postos de play-off e permítelles pensar con máis tranquilidade no seu seguinte choque, un duelo a domicilio contra o filial do FC Barcelona que terá lugar o próximo 8 de decembro ás 12:00h.

FICHA TÉCNICA:

2 – Celta Fortuna: Coke, Gael Alonso, Tincho, Manu Fernández, Iván Garriel, Pablo Gavián (Yoel Lago 78′); Andrés Antañón (Hugo Burcio 65′), Miguel Román; Iago Barreiros (Fer López 65′), Johan Guedes (Jordi Escobar 46′) (Emi Rodríguez 58′) e Óscar Marcos.

0 – Zamora CF: Fermín; Sergio Nieto (Speljak 84′), José Carlos, Adrián, Campabadal (Mancebo 69′); Clavería; Carlos, Kike, Rufo (Gutiérrez 84′), Guille; e Luis Rivas.

Goles: Óscar Marcos (55′) e Emi Rodríguez (90+3′).

Árbitro: Luis Morena (colegio madrileño). Amonestou aos visitantes Guille Macho, Tresaco e Bolo.

Incidencias: Partido correspondente á Xornada 15 de Primera Federación disputado en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas