Fundación

Abertas as inscricións Escola de Fútbol Celta para o curso 2025/26

RC Celta

Desde o Celta, a través das Escolas de Fútbol, ofrecemos a oportunidade de que calquera neno/a poida practicar fútbol seguindo a metodoloxía de adestramento do Celta, para satisfacer diferentes necesidades. Unha maneira máis de formar parte da familia celeste e de sentirse celtista.

Para iso ofértanse os seguintes tipos de escola de fútbol:

ESCOLA DE INICIACIÓN MIUDIÑOS. Para nenos/as de 4-5 anos, que lles gusta o futbol e queren empezar a practicalo: con posibilidade de competición amigable. En A Madroa (luns e xoves) e no Campo Federativo de Coia (martes e xoves). Tamén no Colexio O Castro British School.

ESCOLA DE APRENDIZAXE CELTA ACADEMY. Para nenos/as entre 6 e 13 anos, que non están federados en ningún club de futbol e queren participar nun completo programa de aprendizaxe en fútbol con competición federada. En A Madroa (de luns a venres) e no Campo Federativo de Coia (martes e xoves). Tamén no Colexio O Castro British School. Só para nenas aprendizaxe As Celtas en A Madroa os luns e xoves.

ESCOLA DE PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ. Se che gusta ser porteiro e desexas iniciarche en adestramentos específicos, ou xa es porteiro federado e necesitas adestramento de reforzo, esperámosche en A Madroa, os luns, martes e mércores. Para nenos/as entre 6 e 15 anos.

ESCOLA DE TECNIFICACIÓN CELTA ACADEMY. Para nenos/as entre 6 e 15 anos, federados nalgún club de futbol e que desexan mellorar as súas habilidades técnicas e psicomotrices. En A Madroa (de luns a venres), Cambados (luns), Marcon-Pontevedra, Caldas de Reis (martes), Teo (xoves) e Moaña (venres). Só para nenas Tecnificación As Celtas en A Madroa os martes, mércores e xoves.

ESCOLA DE PERFECCIONAMENTO CELTA ACADEMY. Se es xogador infantil/cadete federado e necesitas adestramentos individualizados para perfeccionar as túas calidades técnico-tácticas, en A MADROA de luns a venres.

Para aqueles que non estean federados noutros clubs, as nosas diferentes escolas brindan a posibilidade de xogar competición federada cada fin de semana desde a categoría prebenjamín ata a categoría infantil: as prazas son limitadas.

 

Todas as escolas teñen carácter mixto, por tanto calquera nena pode participar por igual de calquera das nosas escolas de futbol, aínda que tamén dispoñemos de escolas de futbol exclusivamente femininas.

A participación nas Escolas de Fútbol Celta supón un primeiro contacto co Celta no proceso de formación para ter posibilidades de alcanzar as categorías inferiores de A Canteira tanto masculina como feminina.

Os adestramentos comezarán o luns 1 de setembro e o prazo de inscrición xa está aberto con prazas limitadas, co cal é importante inscribirse canto antes para garantir a praza.

Para obter información máis detallada e realizar solicitude de inscrición, podes acceder á nosa web AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Escolas Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas