Imagen Destacada InvasionCeleste v2
Actividades gl

Aberto o prazo de inscrición para a VII Invasión Celeste by Profand

RC Celta

Aberto o prazo para a VII invasión Celeste by Profand
A Fundación Celta comprácese en anunciar a apertura do prazo de inscricións para a esperada carreira popular Invasión Celeste by Profand. A sétima edición deste emocionante evento terá lugar o próximo 24 de setembro no estadio ABANCA Balaídos. En consonancia co espírito e valores da Fundación Celta e do seu patrocinador principal, Profand, a carreira contribuirá a unha causa solidaria. Durante o proceso de inscrición na web, os corredores poderán facer unha doazón voluntaria. Profand achegará 1 euro por cada unha desas doazóns voluntarias. O total do importe recadado será destinado a Bicos de Papel, a Asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Despois do éxito das pasadas edicións, con máis de 1600 participantes de todas as idades, a Fundación Celta ha decidido manter o seu formato aberto a toda a familia. Esta carreira non é só atractiva para os adultos, senón que tamén ofrece a oportunidade aos máis pequenos de correr pola mesma banda na que os seus ídolos quentan nos días de partido. Como é tradición, a carreira terá inicio e meta no estadio, onde durante toda a mañá crearase un fantástico ambiente festivo con música e actividades especialmente deseñadas para os máis pequenos. Todo isto contribuirá a converter a Invasión Celteste by Profand nunha verdadeira festa para o celtismo. As categorías de competición serán as seguintes:
▪ 50metros para nenos e nenas de 3 a 6 anos
▪ 1km para nenos e nenas de 7 a 14anos, que levará a cabo no interior do estadio
▪ 8km para adultos
Todos os participantes recibirán un completo avituallamiento por parte dos nosos colaboradores. Para poder participar na VII Invasión Celeste by Profand, deberás realizar a inscrición na páxina web Magmasports ata o 20 de setembro. Ademais, premiamos a túa anticipación con interesantes descontos na inscrición:
▪ 2€ para Chiquiceltas
▪ 5€ para nenos e nenas entre 7 e 14 anos
▪ 10€ se te inscribes desde o 4 de agosto ao 10 de setembro 2023
▪ 14€ se te inscribes do 11 ao 20 de setembro 2023
Non perdas a oportunidade de formar parte desta incrible experiencia!
Inscríbeche agora mesmo na seguinte ligazón
Para máis información, podes visitar a nosa páxina web ou consultar as nosas redes sociais. Esperámosche o 24 de setembro!
Acerca de Profand
Profand é un grupo multinacional con sede en Vigo e presenza global que abarca toda a cadea de valor desde a orixe, integrando a pesca e acuicultura, a transformación e a distribución de peixe, cefalópodos e crustáceos. Unha empresa líder no seu sector comprometida coa calidade, a sustentabilidade e a innovación. Comprometida co futuro.

 

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Eventos gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas