Álvaro Santos xogará a próxima tempada no Lommel SK tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o equipo belga, onde continuará coa súa formación académica e deportiva. O conxunto celeste reserva unha opción de recompra sobre o canteirán.
O RC Celta quere agradecer a Álvaro a súa entrega e profesionalidade durante a súa etapa na canteira celeste e desexarlle o maior dos éxitos na súa nova aventura no estranxeiro.

Campus gl