20250517_FORTUNA_ATHLETIC-equipo-259
Celta Fortuna

Antañón dálle a volta ao marcador e o Celta Fortuna asina a súa despedida perfecta (2-1)

RC Celta

A última xornada da tempada para o Celta Fortuna en Abanca Balaídos presentábase como un duelo entre dous das grandes canteiras do fútbol español. E así foi. Unha batalla de ti a ti entre xogadores con moitísima calidade que disputaron o partido ata o último minuto. Uns instantes finais trepidantes nos que o xuvenil, Andrés Antañón, tivo a última palabra.

O encontro comezaba cun ritmo lento no que ambos os equipos crearon ocasións. O primeiro en atacar foi o Bilbao Athletic que se atopou cun muro chamado César. Pola súa banda, o filial celeste non tardaría en responder cun bo disparo de Johan Guedes que atrapaba o gardameta rival. Polo demais, a primeira parte transcorreu cun Celta Fortuna dominando a posesión pero sen xerar demasiado perigo ante un Bilbao Athletic que non lograba concretar os seus intentos de contragolpe.

A segunda metade, arrincaba co filial vasco poñéndose por diante no marcador cun tanto de Huestemendia que daba ás aos seus para tratar de aumentar aínda máis a vantaxe pero un colosal César evitou calquera tipo de sorpresa. Mentres, o reloxo seguía correndo e as oportunidades do Celta Fortuna de pechar a tempada en casa con vitoria desvanecíanse pero, o últimos cinco minutos de partido terminaron sendo decisivos. Andrés Antañón anotaba o 1-1, no minuto 88, tras un gran contragolpe de Milla, xuvenil que debutaba co filial, e aproveitando a asistencia que lle regalaba Gael Alonso. Coas táboas no marcador e, xa no tempo de desconto, o “Si se pode” resoaba na bancada e Andrés Antañón volveu aparecer para demostrar que efectivamente no fútbol todo é posible. No 92, o mozo canteirán recuperaba un balón que cedía a Jordi Escobar pero o disparo sería rexeitado por Oier chegando novamente a Antañón que cun cabezazo poñía o 2-1 definitivo.

Unha vitoria épica para dicirlle adeus a Abanca Balaídos a falta dunha xornada para finalizar esta temporada 24/25. Unha campaña chea de cambios para o filial celeste na que ata 15 xogadores pasaron a formar parte do equipo mentres que, á súa vez, viu como moitos dos seus futbolistas debutaban en primeira división. O Celta Fortuna despedirase definitivamente da temporada o vindeiro sábado, 24 de maio ás 19:00 horas, ante a Real Sociedade B no estadio de Zubieta.

FICHA TÉCNICA:

2 – Celta Fortuna: César; Gael Alonso, Pablo Meixús, Joel López (Dela, min. 64); Sergio Díez (Jordi Escobar, min. 46), Andrés Antañón, Hugo Burcio (Iván Garriel, min. 64), Tincho (Milla, min. 84); Ángel Arcos, Óscar Marcos e Johan Guedes (Iago Barreiros, min. 73).

1 – Bilbao Athletic: Gastesi, Johaneko, Duñabeitia, Ebro, Elías, Aguilar (Adrián Pérez, min. 84), Gerenabarrena, Olabarrieta (Huestamendia, min. 53), Ibon Sánchez (Oyono, min. 90), Buján (Lete, min. 84) e Hierro (Ibai, min. 53).

Goles: 0-1, min. 56: Huestamendia. 1-1, min. 88: Andrés Antañón. 2-1, min. 92: Andrés Antañón.

Árbitro: Pardeiro Puentes. Mostrou tarxeta amarela aos locais Hugo Burcio, Ángel Arcos e Jordi Escobar. Mentres que, do conxunto visitante foi amoestado Duñabeitia.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 37 de Primera Federación versus e-Learning disputado en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas