16X9 (2)
Celta Fortuna

Anthony Khayat, nova incorporación para a canteira celeste

RC Celta

O Celta incorpora a Anthony Khayat, mediocentro do 2007, procedente do Fursan de Dubai, club presidido polo exxogador celeste Michel Salgado.
Tras participar en torneos do club olívico dende os 10 anos, Khayat asina agora por 3 tempadas e unirase á dinámica do Celta Fortuna, a pesar de ter ficha co Xuvenil.
É un xogador combativo, capaz de xogar en diferentes posicións e adaptarse a distintos sistemas de xogo, polo que é un orgullo que siga medrando nun club como o Celta“, afirmou Michel Salgado.

Internacional sub-20 con Emiratos Árabes, o novo talento emiratí chega a Vigo para achegar a súa calidade ao equipo de Fredi Álvarez.
Benvido, Anthony!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta Fortuna

Noticias recomendadas