O club pechou hoxe a continuidade do xogador vigués no filial céltico
O Real Club Celta pechou hoxe a renovación de Antón de Vicente, xogador do filial céltico que se vincula co club por unha tempada con opción a tres máis.
O futbolista vigués asegurou sentirse “moi feliz” e “agradecido ao club pola súa confianza. Vestir esta camiseta fai que se cumpra un ano máis o meu soño”.
Coa continuidade de Antón de Vicente e as recentes renovacións de Maceira e Pablo Pérez, o Celta B comeza a definir a súa liña defensiva para a nova tempada, na que o filial céltico regresa á Segunda División B.
Foto: Diego Pérez