16-9-31
A Canteira

Anxo Rodríguez, talento da Canteira ata 2030

RC Celta

O Celta e Anxo Rodríguez alcanzaron un acordo para a renovación do central, que defenderá o escudo celeste ata xuño de 2030.

Formado na AJ Lérez, o defensa pontevedrés chegou a A Madroa en Benxamín B e completou a súa etapa en A Canteira ata dar o salto ao Celta Fortuna, co que debutou na tempada 24/25.

O pasado curso consolidouse como unha peza fundamental no esquema de Fredi Álvarez e formou parte do equipo que logrou o ascenso á categoría de prata. A súa progresión levouno tamén a debutar coa selección española sub-19 en xaneiro e a proclamarse campión de Europa con ela o pasado mes de xullo en Gales, xunto ao seu compañeiro Andrés Antañón.

Esta tempada, con 19 anos, continúa medrando na LaLiga Hypermotion, onde segue a demostrar o talento que o levou a ser un habitual nas categorías inferiores da selección. A súa formación continúa agora coa sub-20, coa que foi convocado recentemente.

O Celta reafirma así a súa aposta polo talento da casa e asegura a continuidade dun dos defensas con máis proxección da canteira celeste.

Parabéns, Anxo!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Siguiente noticia

Noticias recomendadas