ESCUDO-1300x400-01
Celta b

Ao Celta B se lle escapan os puntos nun partido non exento de polémica (1-2)

RC Celta

O Celta B regresaba a Abanca Balaídos, o templo do fútbol celeste, coas pilas da motivación ben cargadas tras a goleada cultivada ante o Sanse a pasada xornada. Os de Onésimo topáronse cun gol en contra demasiado pronto, no minuto 8, en apenas a primeira chegada da Real Unión.

O conxunto celeste disputou de ti a ti co rival e, aínda que as ocasións escasearon, foi de novo o cadro rival o que rendibilizou as súas ofensivas. A dez minutos do descanso, Capelete aumentaba a vantaxe guipuscoana aproveitando un desaxuste defensivo. O Celta B empuxou no segundo tempo en busca do gol, ante un opoñente que comezou a apostar por un fútbol conservador para soster o resultado.

A polémica chegou a dez minutos do final, cando Diego Pampín caeu derrubado na área rival. As protestas do equipo e a bancada non fixeron dubidar ao colexiado, que non apreciou falta na xogada. Os célticos non desistiron e por fin obtiveron a súa recompensa no minuto 87, tanto marcado por Javi Gómez.

Nos minutos finais o equipo foise arriba, incluído Ruly, quen subiu a rematar un saque de esquina no tempo de desconto. O gardameta celeste apareceu de maneira espectacular para cabecear un balón que fixo resoar o traveseiro. Uns poucos centímetros impediron o heroico empate.

 

FICHA TÉCNICA

1 – CELTA B: Ruly; Carrique (Beitia, min. 71), Castro, Alfon (Varela, min. 61), Holsgrove; Lautaro, Carlos, Medrano (Fabricio, min. 61), Gabri Veiga (Javi Gómez, min. 61), Carbonell; Miguel (Cedric, min. 61).

2 – REAL UNIÓN: Sequeira; Santos, Senar, Barbu, Kijera; Beobide, Rivero, Capelete (Pérez, min. 76), Seguín (Temenuzhkov, min.83), Llamas (Núñez, min. 65); Bravo (Oyarzun, min.83).

Goles: 0-1, Bravo (min. 8); 0-2, Capelete (min. 34); 1-2, Javi Gómez (min. 87).

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez (comité asturiano). Amonestou a Castro, Veiga, Lautaro (Celta B); Rivero, Llamas, Sequeira, Beobide (Real Unión).

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas