As Celtas realizaron este martes a súa primeira visita oficial ao área pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro como parte dunha iniciativa solidaria posta en marcha pola Fundación Celta. As xogadoras e corpo técnico estiveron acompañadas por a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño; o director da Fundación Celta, Germán Arteta; e a conselleira do club, Xisela Aranda.
Unha ocasión na que as celestes puideron acompañar e apoiar a todos os pequenos valentes que están a atravesar unha situación complicada e permanecen ingresados no hospital. Durante a súa visita, as xogadoras compartiron tempo e anécdotas con todos eles á vez que lles entregaron uns detalles do RC Celta. Unha tarde na que predominaron os xestos de agarimo, abrazos, fotos e autógrafos que recibiron como agradecemento o mellor dos agasallos, os seus sorrisos. Unha sorpresa coa que o club celeste quere animar e facer máis amena a recuperación de cada un dos pequenos.
Mediante esta iniciativa, a Fundación Celta reafirma o seu compromiso coa sociedade brindando o seu apoio e solidariedade a aquelas persoas que máis o necesitan.