A Alcantara Family Foundation e a Fundación R.C. Celta presentaron este mércores no Colexio Ramón e Cajal de Vigo o proxecto ‘Alcantara Team’, unha iniciativa destinada aos escolares do centro educativo na que se desenvolverán e implementarán valores relacionados co mundo do deporte. Ademais, tamén se incidirá en inculcarlles unhas pautas de vida alimentación sas e saudables.
Na presentación desta iniciativa, impulsada por ambas fundacións, participaron o presidente de Real Club Celta, Carlos Mouriño; o xogador do primeiro equipo, Rafa Alcantara; a nai deste, Valeria; o director da Fundación do RC Celta, Germán Arteta; e representantes da organigrama directivo do colexio.
Rafinha mostrouse especialmente entusiasmado con esta iniciativa. “É un proxecto que nos fai moita ilusión e grazas á axuda do RC Celta podemos inicialo hoxe”, apuntou o xogador celeste.
Pola súa banda, Carlos Mouriño valorou o proxecto da Fundación RC Celta e a Alcantara Family Foundation como unha oportunidade para que os máis pequenas poidan seguir crecendo e formándose como persoas. “É moi importante este exemplo que dá a familia Alcántara. É importante que queiran colaborar e formar á sociedade”, sinalou o presidente do RC Celta. “É unha iniciativa que vai moito máis alá que unha simple escola de fútbol e todos llo temos que agradecer”, apostilou.
Esta iniciativa persegue, ademais de formar aos nenos, reforzar a identificación e compromiso social da familia Alcantara e da Fundación do RC Celta co fútbol e a cidade de Vigo.