A pasada fin de semana celebrouse no Restaurante El Molino de Camposancos (A Guarda) a vixésimo terceira edición da Convención de Peñas Celtistas organizado pola Federación de Peñas Celtistas. Un evento que se retomou despois da pandemia e que tivo como premiados a Sergio Álvarez e Iago Aspas e onde se homenaxeou ademais á Fundación Celta polo seu XXV aniversario.
Como representantes do Club asistiron Fernando Rodilla, conselleiro do RC Celta, e Germán Arteta, director da Fundación Celta, que foron recibidos polo anfitrión do evento, Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas Celtistas.
O evento coincidiu con o XXX Aniversario da Peña Baixo Miño, unha das máis multitudinarias e veteranas, que celebrou tan sinalada efeméride con unha romaría celtista no Monte Santa Trega ao día seguinte cunha concentración na Alameda da Guarda na mañá do domingo. con gran poder de convocatoria nunha xornada chea de celtismo amenizada pola agrupación Zurrumalla.