ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O Celta C – Gran Pena, novo equipo de Tercera RFEF tras unha tempada inmellorable

RC Celta

O Celta C – Gran Pena certificou o seu ascenso a Terceira RFEF tras derrotar por 0-2 á UD Barbadás en Os Carrís na xornada 9 do grupo C – Sur. Tras unha primeira parte sen goles entre os dous aspirantes á segunda praza, os de Srdan Bajcetic levaban os tres puntos grazas a un gran inicio de segunda metade cos goles de Rubén Figueiras e Gael Alonso.

Desta forma, o conxunto celeste asegúrase o goal-average para defender a segunda praza. Xa co ascenso asegurado, Barreiro será a última parada para pechar a tempada en Preferente nun duelo ante a UD Ourense, tamén novo equipo de Terceira RFEF.

Exitosa campaña para un Celta C-Gran Pena que se convertía o pasado verán no segundo filial do club celeste co obxectivo de potenciar a formación dos xogadores célticos no seu camiño cara ao Celta B. A gran distancia competitiva entre o Celta B e o Xuvenil A viuse reducida cun filial intermedio que potencia o crecemento das promesas celestes e que, a próxima tempada, competirá nunha categoría máis alta.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas