O Celta B recibe este domingo ao Coruxo (Barreiros 12.00 horas), na última xornada da primeira volta. Seguindo os protocolos sanitarios correspondentes adecuados á capacidade de Barreiro, o RC Celta dará acceso a un total de 250 abonados.
Poderán obter entradas, de maneira gratuíta, todos aqueles abonados que renovasen xa o seu carné ou se deron de alta de face á tempada 20/21 e entre eles terán prioridade aqueles que non acudiron aos encontros anteriores e os que na pasada campaña optaron polo moedeiro dixital, realizaron unha doazón á Fundación ou renunciaron á devolución.
Para acceder ás entradas tan só será necesario cubrir un simple formulario cos datos persoais de cada abonado máis a ID do seu carné, que está dispoñible nos carnés de tempadas anteriores. Os abonados que se deron de alta este ano non terán que cubrir ese campo.
Todos os interesados poden solicitar a súa entrada, até esgotar existencias, AQUÍ ata o venres ás 12:00 horas. Entregaranse por orde de petición atendendo ás prioridades mencionadas con anterioridade.