Hemeroteca canteira

Borja Fernández sofre unha pequena lesión meniscal

RC Celta

bfdez.jpg

Os servizos médicos recomendan un tratamento conservador que evite pasar de momento por cirurxía

 

O centrocampista do filial Borja Fernández foi sometido a unha resonancia magnética para comprobar a orixe dunhas molestias leves. O Doutor Cota comunicou esta mañá en sala de prensa que a proba revelou “unha pequena lesión no menisco (…) nunha zona onde se pode tolerar ben a dor”.

 

O xefe dos servizos médicos do club apuntou que se realizará un “tratamento conservador” que permita demorar unha posible cirurxía ata final de tempada, aínda que se irá valorando “segundo a súa evolución, que de momento é moi boa”.

 

Rolda de prensa do Dr. Cota: http://t.co/I36LvU6EiP

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas