Hemeroteca canteira

Brais Méndez, mellor futbolista Sub-21 vigués da 2015/16

RC Celta

braispremiovide.jpg

O canteirán celeste Brais Méndez foi premiado pola Fundación Vigo Deporte (VIDE) como o mellor futbolista Sub-21 da tempada 2015/16. O xogador recibiu o trofeo de mans do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, nun acto celebrado no edificio do Concello de Vigo.

 

Os premios VIDE recoñecen cada ano todo o máis destacado do panorama futbolístico local. Nesta ocasión tamén se premiou a Noelia Pereira (mellor futbolista feminina, Matamá), á Gran Peña (mellor club, 90 aniversario), a Alicia Andrés (mellor árbitro), a José Ramón Val (mellor adestrador, A Oliveira) e a Humberto Pérez (mellor directo, Areosa).

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas