Esta mañá tivo lugar na Cidade deportiva da Madroa a clausura da segunda semana de Campus, unha xornada de portas abertas para pais e familiares dos participantes con diversas actividades e agasallos e que finaliza coa entrega de diplomas.
Ao acto acudiron o Presidente do RC Celta e a Fundación D. Carlos Mouriño e o director da Fundación D. Germán Arteta. Os rapaces tiveron a visita sorpresa de Lucas Olaza e Toro Fernández, xogadores do primeiro equipo do Club e que puxeron o broche de ouro a clausura dun Campus inesquecible.