ESCUDO-1300x400-02
Fundación

O curso D.O. Celta retoma a súa actividade co adestrador Bruno García

RC Celta

20211214 Curso D.O. Celta_BrunoGarcía_1

Despois de dúas semanas de descanso, a VI edición do Curso Denominación de Orixe Celta retoma a súa actividade para celebrar as súas dúas últimas xornadas antes de que acabe o ano 2021. O luns día 13 de decembro no Salón Rexio da Sede, levou a cabo a oitava xornada protagonizada por Bruno García Formoso, adestrador de fútbol sala.
Bruno García Formoso, nacido en Ferrol en 1974, ten unha dilata e exitosa traxectoria no fútbol sala nacional e internacional. Elixido mellor adestrador español de fútbol sala no estranxeiro, pasou por Perú, China e Vietnam antes de triunfar coa selección de Xapón, á que devolveu á primeira liña internacional. Despois dun ciclo de cinco anos, levando ao combinado nipón ao podio do fútbol sala de Asia e participando recentemente no Campionato Mundial de Lituania onde cae derrotado en oitavos de final ante Brasil, fai as maletas e regresa a España para compartir connosco as súas experiencias e coñecemento.
Leo Messi, Neymar, Andrés Iniesta, Xavi Hernández, Ronaldinho, Ronaldo Nazario… O fútbol sala ten unha gran importancia e relevancia na formación dos novos futbolistas, testemuñado polas declaracións e testemuños das grandes estrelas do fútbol mundial, todos eles xogadores que se caracterizan pola súa gran creatividade e imaxinación.

Dentro da familia do balón e os deportes colectivos, o adestrador ferrolán, departiu con todo o público asistente sobre a estreita relación e vinculación do fútbol e o fútbol sala, as súas similitudes e diferenzas, sempre desde a especificidade de ambas as modalidades. Todas as variables que achegan ou afastan unha disciplina doutra, aqueles aspectos máis beneficiosos e significativos no desenvolvemento do xogo de ambos os deportes, modelos e procesos, ideas e propostas para implantar e mellorar na formación e adestramento dos novos futbolistas das categorías inferiores do RC Celta.

Valores, malgaste de paixón polo fútbol sala e a formación, xenerosidade e sinxeleza no seu ensino e aprendizaxe, características fundamentais e esenciais na fantástica exposición de Bruno que satisfixo e cumpriu coas grandes expectativas xeradas.

A VI edición do Curso DOC poñerá o seu broche final coa celebración da novena e última xornada o vindeiro luns día 20 de decembro, onde en formato en liña teremos a Jose Pedrosa Galán, psicólogo e xogador de fútbol profesional en activo con máis experiencia en ligas internacionais.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas