20230721_BrunoIglesias_2
Celta b

Bruno Iglesias reforza o centro do campo do Celta Fortuna

RC Celta

Bruno Iglesias (Salamanca, 1 de maio de 2003) xogará nas filas do Celta Fortuna esta tempada 2023/24, tras o acordo de cesión, con opción de compra, alcanzado co Real Madrid.

O centrocampista, que se forxou na canteira do conxunto branco, foi ascendendo rapidamente nas diferentes categorías madridistas ata chegar ao seu primeiro filial, co que disputou cinco encontros a pasada campaña. Ademais, Bruno tamén participou co xuvenil do Real Madrid na UEFA Youth League, anotando 3 goles e concedendo 2 asistencias nun total de 7 partidos.

O salmantino de 20 anos, internacional coa sub-19, chega ao filial celeste para aportar talento, xuventude e potencial ao proxecto de Claudio Giráldez.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas