A canteira do RC Celta conta cun novo internacional. Iker Losada (Catoira, 2001), centrocampista do Cadete B, foi incluído polo seleccionador Santi Denia para os adestramentos oficiais que a Selección Española Sub-16 realizará entre os días 26 e 28 de setembro na Cidade Deportiva de Las Rozas. Esta é a primeira convocatoria internacional para o novo futbolista catoirés.
Pola súa banda, o xuvenil Diego Pampín volveu participar onte coa Sub-17 na vitoria por 3-0 ante San Mariño en Róldaa Elite que se disputa estes días en Belfast. O canteirán entrou ao terreo de xogo na segunda parte, mentres que o luns asinou un debut como internacional ao grande anotando no minuto 4 ante Irlanda do Norte.