Calendario_divisionhonorjuvenil
Categorías inferiores gl

O División de Honra Xuvenil xa coñece o seu calendario para esta tempada 2023/24

RC Celta

A Real Federación Española de Futbol xa fixo oficial o calendario de enfrontamentos da competición División de Honra Xuvenil para esta campaña 2023/24.

O RC Celta, que leva proclamándose campión da categoría por dous anos consecutivos, atópase no Grupo 1 xunto con outros 8 equipos galegos e enfrontarase aos seus rivais ao longo de 30 xornadas ata o final da tempada en maio.

O arranque da competición será a fin de semana do 3 de setembro e nesta primeira xornada os celestes, que hoxe ás 18:30 h volven ao traballo na Cidade Deportiva da Madroa baixo as ordes de Alberto Suárez, recibirán en casa ao Real Racing Club de Santander.

O resto do calendario, xa está dispoñible para todos aqueles que queiran consultalo.

RC Celta

Etiquetas

Categorías inferiores gl

Noticias recomendadas