A partir do luns 23 de xuño poderás gozar dunha nova edición dos CAMPUS DE VERÁN RCCELTA by Cabreiroá 2025 que, durante seis semanas sen interrupción, levaranse a cabo por diferentes sedes repartidas por toda a xeografía galega.
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do RC CELTA, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional.
Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e nunha contorna de adestramento onde a diversión está asegurada.
PARA NENOS E NENAS DE 5 A 16 ANOS
As inscricións xa están abertas! Anótate canto antes para non quedarte sen a túa praza (son limitadas), o verán pasado a gran maior parte das sedes completáronse.
Un verán máis teremos o noso premio AFOUTEZA que permitirá a algún dos participantes poder participar no adestramento dalgún equipo de categorías inferiores do RC CELTA (segundo rendemento deportivo e valoración dos nosos técnicos)
SEDES, DATAS E HORARIOS
Todos os campus levaranse a cabo en horario de mañá, desde as 9:30h ata as 14:00h, cun descanso a media mañá para merendar que servirá para repoñer forzas.
As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:
VIGO
A Madroa (Instalacións Deportivas A Madroa)
Do 23 ao 28 de xuño
Do 30 de xuño ao 5 de xullo
Do 7 ao 12 de xullo
Do 14 ao 19 de xullo
Do 21 ao 26 de xullo (venres 25 festivo, hai actividade con normalidade)
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos e autobús
Campus AS CELTAS.
Do 30 de xuño ao 5 de xullo. A Madroa.
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos e autobús
Campus PORTEIROS – SERGIO ÁLVAREZ.
Do 7 ao 12 de xullo. A Madroa.
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos e autobús
Campus PERFECCIONAMENTO F11.
Do 14 ao 19 de xullo. A Madroa.
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos e autobús
Campus PERFECCIONAMENTO F8.
Do 21 ao 26 de xullo. A Madroa.
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos e autobús
Coia (Campo Federativo de Coia)
Do 14 ao 18 de xullo Do 21 ao 25 de xullo (venres 25 festivo, hai actividade con normalidade)
Plan Madruga a partir das 8:30 h incluído. Servizos adicionais: fotos.
PONTEVEDRA
Colexio Los Sauces – Pontevedra (Campo Campañó, Colexio Los Sauces Pontevedra)
Do 23 ao 27 de xuño
Servizos adicionais: Campus interno
Fundación Denis Suarez – Salceda de Caselas (Campo A Gándara)
Do 30 de xuño ao 4 de xullo
Vila do Corpus – Ponteareas (Campo Angoares)
Do 7 ao 11 de xullo
Portonovo – Sanxenxo (Campo Baltar, Sanxenxo)
Do 14 ao 18 de xullo. Tamén Campus de PORTEIROS – SERGIO ÁLVAREZ.
Marcón (Campo O Carrasco, Marcón)
Do 14 ao 18 de xullo
Mos, campus AS CELTAS (Campo As Baloutas)
Do 21 ao 25 de xullo (venres 25 festivo, hai actividade con normalidade)
Circulo Mercantil Vigo (Instalacións Deportivas do Círculo Mercantil)
Do 21 ao 25 de xullo (venres 25 festivo, hai actividade con normalidade)
Santomé – Marín (Campo Chan do Piñeiro)
Do 28 de xullo ao 1 de agosto
LUGO
Palas de Rei (Campo Os Chacotes)
Do 30 de xuño ao 4 de xullo
Mondoñedo (Campo Viñas da Veiga)
Do 7 ao 11 de xullo
Monforte de Lemos (Campo Luis Bodegas)
Do 28 de xullo ao 1 de agosto
Barreiros
Do 28 ao 30 de xullo (Campo O Cascabeiro, San Cosme de Barreiros)
Do 31 de xullo ao 1 de agosto (Campo de As Valgas, San Miguel de Reinante)
A Coruña
Oroso (Campo Municipal Lino Balado, Oroso)
Do 23 ao 27 de xuño
Colexio Compañía de Maria – Santiago (Instalacións do colexio e campo de Belvís)
Do 23 ao 27 de xuño
Noia (Campo San Lázaro)
Do 30 de xuño ao 4 de xullo
Victoria FC – Santiago (Campo Sergas)
Do 7 ao 11 de xullo. Tamén Campus AS CELTAS.
Ares (Campo Prados Vellos)
Do 14 ao 18 de xullo
Concello de Teo (Campo A Cañoteira)
Do 21 ao 25 de xullo (venres 25 festivo, hai actividade con normalidade)
OURENSE
Pabellón Ourense (Campo Os Remedios, Ourense).
Do 23 ao 27 de xuño
Do 30 de xuño ao 4 de xullo. Tamén Campus de PORTEIROS – SERGIO ÁLVAREZ.
Maceda (Campo Cardenal Quiroga)
Do 28 de xullo ao 1 de agosto
ASTURIAS
CD RAICES – Castrillón (Campo Raimundo Alvarez)
Do 7 ao 11 de xullo
IMPORTANTE: estas sedes levaranse a cabo sempre e cando se complete o número mínimo de nenos/as acordado para cada unha delas. A medida que se vaian concretando máis sedes informarase inmediatamente das mesmas.
Lembra que se o campus é un agasallo podes solicitar a tarxeta regalo dixital en formació[email protected].
Para obter máis info sobre os campus e tramitar a inscrición accede á seguinte ligazón.