ESCUDO-1300x400-02
Novas celta b

Carlos Beitia y Javi Gómez incorpóranse ao Celta B

RC Celta

O RC Celta continúa avanzando na configuración do seu filial de cara ao seu esixente debut na Primeira División RFEF. Trala incorporación do guardameta Gaizka Campos, o Celta B suma ás súas filas a outros dous xogadores, un deles xa coñecido e que deixou unha boa impresión na súa etapa celeste: Javi Gómez, e outro cunha gran proxección: Carlos Beitia.

Javi Gómez (Toledo, 10 de xaneiro de 1999) xogou cedido seis meses no filial celeste na campaña 2019/20, nos que mostrou a súa velocidade e capacidade de desborde. A pasada tempada militou no Burgos,, equipo co que logrou o ascenso a Segunda División.

Carlos Beitia (Valencia, 15 de febreiro de 2000) chega procedente do Villarreal B, onde o mediocentro gozou dun gran protagonismo. É un xogador de gran despregue físico e bo manexo de balón, que sen dúbida enriquecerá o centro de campo celeste. Beitia é internacional Sub-17 e Sub-18 coa Selección Española.

Ambos xogadores asinaron por cinco tempadas

RC Celta

Etiquetas

Novas celta b

Noticias recomendadas