Rubén Blanco, Santi Mina, David Costas e Yelko Pino, convocados có combinado nacional
O Real Club Celta mantén a súa impoñente presenza na Selección Española Sub-19, na que volverán ter protagonismo catro xogadores do conxunto celeste. O seleccionador nacional convocou a Rubén Blanco, Santi Mina, David Costas e Yelko Pino para os adestramentos oficiais que a selección realizará na Cidade do Fútbol de Las Rozas entre os días 13 e 15 do presente mes de xaneiro.
Esta nova convocatoria do combinado nacional Sub-19 supón unha vez máis unha lombeirada á filosofía do club vigués e a súa decidida aposta pola canteira. Dous dos mozos xogadores convocados coa selección, Santi Mina e David Costas, pertencen xa ao primeiro equipo do Real Club Celta, un máis, Rubén Blanco xa debutou en competición oficial co conxunto vigués e o cuarto, Yelko Pino, arrincou a tempada co filial céltico con tan só 16 anos de idade.
A todos eles hai sumarlle ao centrocampista do Celta B Borja Fernández, quen, aínda ausente nesta última lista, xa foi convocado coa Selección Sub-19 en diversas ocasións nos últimos meses.