O Celta Fortuna e o CD Arenteiro repartíronse os puntos en Espiñedo (1-1). Os pupilos de Fredi dominaron durante gran parte dos 90 minutos, reflectindo a súa superioridade no terreo de xogo, pero só conseguiron capitalizar unha das súas oportunidades. Foi Pablo Durán quen adiantou ao filial celeste cun gol na primeira parte. Nas últimas rabexadas, Javier Moreno empatou o encontro ante o xúbilo da afección local.
Agora, coa mirada posta no futuro, o Fortuna prepara o seu último encontro na loita pola terceira praza antes do comezo do playoff. Este decisivo partido enfrontaraos ao Barcelona Atlètic e levará a cabo en Abanca Balaídos o vindeiro sábado ás 19:00h.
FICHA TÉCNICA:
1 – CD Arenteiro: Pablo Brea; Jordan, Javi Moreno, Germán Novoa, Álvaro Ramón; Vitra (min. 53, Berardozzi), Esquerdo, Pibe (min. 87, Sena), Álex Cardero (min. 87, Tiago), Markitos (min. 53, Marino) e Christian Santos.
1 – Celta Fortuna: Ruly García; Javi Rodríguez, Gael Alonso (min. 75, Manu Fernández), Yoel Lago, Pablo Meixús (min. 88, Lucas Antañón), Tincho Conde (min. 75, Joel López); Miguel Román, Dela; Raúl Blanco (min. 88, Ángel Arcos), Pablo Durán e Fer López (min. 64, Alfon).
Árbitro: Alexandre Alemán Pérez (comité canario). Amonestou a Christian Santos, Álvaro Ramón e Romay, do Arenteiro e a Raúl Blanco, do Celta Fortuna. Ademáis, mostrou cartón amarelo a Javi Rey, adestrador do Arenteiro.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 37 do Grupo I da 1º RFEF disputado no Estadio Municipal de Espiñedo de Carballiño.