celeste solidario NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Actividades gl

Arrinca a campaña Celeste Solidario 2022

RC Celta

A Fundación Celta organiza, como cada Nadal, a campaña de recollida de xoguetes e alimentos ‘Celeste Solidario’, que este ano terá como destinatarias ás organizacións ‘La mano que ayuda’ e a ‘Fundación Banco de alimentos de Vigo’. O principal obxectivo desta campaña é o de mobilizar á afección para que achegue o seu granito de area na axuda a aqueles que máis o necesitan.

Este ano a recollida de xoguetes e alimentos terá lugar nas tendas oficiais do club en Abanca Balaídos e A Sede RC Celta ata o 23 de decembro, onde se habilitarán unhas caixas nas que depositar as doazóns -tanto de xoguetes en bo estado ou sen uso como alimentos non perecedoiros- en horario comercial.

Como vén sendo habitual, Celta Baloncesto participa na campaña organizando unha recollida durante os partidos disputados polo Celta Zorka Recalvi no Pavillón de Navia os días 2 e 17 de decembro.

Así mesmo, volverase a realizar un ano máis unha recollida na Madroa, onde A Canteira e as Escolas Fundación Celta colaborarán apoiando a tradicional campaña.

A Fundación Celta conta ademais co especial apoio das peñas celtistas que a través de chamamentos internos animan á participación nesta causa solidaria para desta maneira contar co respaldo de todo o celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas