Clausura da sede de Caracas
A Fundación Celta continúa coa súa expansión internacional: nesta ocasión Venezuela foi a anfitrioa coa colaboración de XFANS e a súa partner local OCLC. Unhas xornadas de Campus/Draft celebráronse a semana pasada con gran éxito de participación nas cidades de Puerto Ordaz, Puerto La Cruz e Caracas.
Os participantes recibiron sesións metodolóxicas de adestramento polas mañás e de competición polas tardes, durante as tres xornadas que durou a actividade en cada sede.
Participaron case catrocentos nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 23 anos. Tres dos gañadores finais, un por cada sede, terán como premio unha experiencia no fútbol base do RC Celta durante unha semana, que se anunciará este venres 1 de abril.