NOAH FC NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

A Fundación Celta chega a Armenia da man do FC Noah

RC Celta

A pasada semana, os técnicos de Celta Academy, Marcos Alonso e Diego Giménez, desprazáronse a Yereván, capital de Armenia con motivo da visita ao club local FC Noah, vixente campión da copa de Armenia, e que esta última e tempada disputou a fase de grupos da UEFA Conference League.

Un club, o FC Noah, que conta con máis dunha decena de equipos de fútbol base e unhas boas instalacións compostas por catro campos de fútbol (tres de herba natural e un de herba sintética) ademais dun edificio central con amplos vestiarios, oficinas e salas polivalentes.

O motivo da visita consistiu no asesoramento para a mellora das súas categorías inferiores tomando como modelo o desenvolvido pola metodoloxía de A Canteira, ademais da procura de novas colaboracións entre Fundación Celta e a Federación de Fútbol de Armenia tras unha reunión mantida co presidente da Federación de Fútbol de Armenia.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas