CAMPUS VENEZUELA NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Academia gl

Celta Academy voa a Venezuela para desenvolver terceira edición do Campus – Draft

RC Celta

 

A pasada semana tivo lugar por terceira vez nas cidades de Puerto de la Cruz e Valencia, Venezuela o Campus Draft Celta Academy organizado pola Fundación Celta en colaboración con XFans Internacional Venezuela.

 

Ao longo de tres intensos días en cada localidade, máis de 100 participantes entre os 10 e 15 anos moitos deles participantes das anteriores edicións, coñeceron de preto a metodoloxía e os valores da nosa canteira da man de Diego García Sarabia. Sen dúbida unha semana cargada de experiencias e aprendizaxe.

 

SEDE VALENCIA:

Do 21 ao 23 de marzo desenvolveuse nas instalacións do CENTRO ITALO VENEZOLANO

 

 

SEDE PUERTO DE LA CRUZ:

Do 25 ao 27 de marzo nas instalacións de BARCELONA SPORTS

 

Con este tipo de accións a Fundación Celta a través da súa partner Xfans Venezuela pretende dotar de formación metodolóxica a xogadores e técnicos así como difundir a imaxe e os valores de RC Celta ademais de contribuír a a expansión internacional do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Academia gl Actividades gl Campus gl Fundación Hemeroteca canteira Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas