Gran resposta do celtismo, unha vez máis, para apoiar ao filial do RC Celta en Barreiro. O club abriu nas últimas horas un rexistro para que os abonados celestes na tempada 20/21 solicitasen, en exclusiva, unha das 300 entradas dispoñibles para o partido deste domingo. As solicitudes superaron ás prazas dispoñibles e o proceso de rexistro concluiu. O club contactará directamente a aqueles abonados que solicitaron entrada para o encontro e que finalmente a obteñan para xestionar o acceso ao campo.
Celta b