Hemeroteca canteira

CELTA B | O filial mantén a súa imbatibilidade gañando un partido tan emocionante coma intenso

RC Celta

foto_MG_3397.jpg

 

O Celta B está a asinar un gran arranque de tempada. Tras catro xornadas mantense invicto con dous empates e dúas vitorias, a última delas este domingo ante o Izarra en Barreiro por 1-0. Os de Menéndez comezaron o choque con forza, querendo o balón e decidido a ser protagonistas ante o líder da categoría.

 

O primeiro gol non tardou en chegar. Ao bordo do dez minutos de xogo o centrocampista Borja Fernández adiviñou un bo desmarque de Hicham. O dianteiro celeste non desaproveitou a asistencia do seu compañeiro e, cun preciso remate cruzado, adiantou aos vigueses.

 

O CD Izarra endureceu o seu xogo tras o tanto galego. Varias entradas de contundencia inxustificada a xogadores celestes fixeron levantarse aos afeccionados de Barreiro. Os visitantes apertaban pero sen lograr inquietar ao Celta B, que puido aumentar a súa vantaxe en varias ocasións.

 

Tras a continuación o filial mantivo o seu dominio ante un opoñente que, frustrado, volveu excederse nas faltas en varias ocasións e que, en consecuencia, terminaría deixando aos navarros cun home menos pola expulsión de Pito (min. 74). Cando menos opcións parecía ter o Izarra chegou o empate, froito dunha desafortunada acción na área pequena do Celta B.

 

Os galegos non baixaron os brazos e no minuto 88 o recentemente entrado Joao Gomes asinou in extremis o gol da vitoria. Segundo triunfo consecutivo para os célticos, imbatidos tras catro partidos e que na próxima xornada mediranse ao Pontevedra CF en Barreiro.

 

FICHA TÉCNICA

1-Celta B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fernández, Brais Méndez (Joao, min.83), Gus Ledes, Juan Hernández (Agus, min.90), Hicham (Juan Mera, min.61), Borja Iglesias.

 

0-CD Izarra: Aitor, Eneko, Cacho, Cabrera, Maestresalas, Briñol (Isaac, min.70), Julen (Antón, min.60), Yoel, Pito, David, Galán.

 

Goles: Hicham, min.9 (1-0); David, min.79 (1-1); Joao, min.88 (2-1).

 

Árbitro: Arias Rodríguez, do comité castelán leonés. Amonestou aos visitantes Galán, Yoel, David. Expulsou ao visitante Pito con dobre amarela (min.74).

 

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas