entradas celta b tudelano 9233
Novas celta b

Celta B – Tudelano: entradas a 10 euros nun novo reto para o filial

RC Celta

É o equipo das tres primeiras categorías españolas que máis puntos sumou en 2022. Está en posto de play off de ascenso, terceiro a catro puntos do líder, e este sábado ás 16:30 horas recibe en Barreiro ao Tudelano nun partido clave para asentarse entre os mellores da categoría.

O Celta B buscará un novo triunfo ante a súa afección para avanzar con paso firme nunha tempada na que está ofrecendo un rendemento extraordinario. Os abonados do RC Celta poderán, como sempre, asistir ao partido co seu carnet da presente campaña e os afeccionados xa poden adquirir, ao prezo único de 10 euros, as entadas AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Novas celta b

Noticias recomendadas