20250204_Entrenamiento_CokeCarrillo-2 2
A Canteira

Celta e Coke Carrillo, xuntos catro tempadas máis

RC Celta

O club continúa traballando na tempada 2025/26 coa renovación de Coke Carrillo por catro tempadas máis. O novo gardameta foi gañando protagonismo no filial celeste ao longo da presente campaña, na que disputou un total de 9 encontros en Primeira RFEF, sumando 810 minutos de xogo.
Uns números e un nivel que, a pesar da súa mocidade, demostran a seguridade, madurez e notable crecemento baixo paus de Coke.

Nun ano no que moitos xogadores xuvenís incorporáronse ao Fortuna, Coke consolidouse como un referente dentro do vestiario. A súa polivalencia, compromiso e capacidade de liderado convertérono nun exemplo para os máis novos.

Esta renovación é o recoñecemento ao traballo, evolución e entrega do porteiro e un reforzo do compromiso do RC Celta co desenvolvemento da súa canteira e coa formación integral dos seus futbolistas.

Parabéns, Coke!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas