Hemeroteca canteira

Celta e Porto vencen no dobre triangular celebrado na Madroa

RC Celta

151015_Triangular_Canteira.jpg

O club celeste venceu na categoría sub 13

 

O dobre triangular amigable disputado entre as canteiras do Celta, Deportivo e FC Porto, celebrado nas instalacións deportivas da Madroa, saldouse con vitoria para o equipo vigués en categoría sub 13, mentres que o O Porto impúxose en categoría sub 15.

A tarde na Madroa convidou a familiares e afeccionados a asistir a este torneo de carácter amigable. En categoría sub 13 Celta e FC Porto empataron o primeiro partido, con todo, os celestes levaron o triangular por diferenza de goles grazas á súa vitoria por tres a cero fronte ao Deportivo da Coruña. En categoría sub 15 o Celta sucumbiu ante o equipo portugués e sumou unha clara vitoria fronte ao Deportivo no último encontro do triangular. Os encontros transcorreron nun ambiente de cordialidade entre deportistas e afeccionados.

O torneo foi valorado de maneira moi positiva por todos os participantes e prevese a organización de novos encontros entre Celta, Deportivo e FC Porto para o resto de categorías. Este tipo de enfrontamentos amigables nacen froito das boas relacións existentes entre o tres clubs, que os consideran de gran valor a nivel deportivo, pero tamén como fomento do compañeirismo e a deportividade entre os máis novos, claves no seu desenvolvemento persoal.

 



RESULTADOS 

 

Sub-15

FC Porto – RC Celta: 1-0

RC Deportivo – FC Porto: 1-2

RC Celta – RC Deportivo: 7-2

 

Sub-13

FC Porto – RC Celta: 1-1

RC Deportivo – FC Porto: 0-1

RC Celta – RC Deportivo: 3-0

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas