Horizontal Osasuna-Celta Fotuna
A Canteira

A Celta Fortuna logra a súa terceira vitoria consecutiva ante o Osasuna (2-3)

RC Celta

O perfecto equilibrio entre defensa-ataque e unha boa lectura do xogo levan aos de Claudio Giráldez a despedirse da xornada 9 na parte alta da Primeira Federación.

O encontro iniciou dando pinceladas do que sería a tónica dos seguintes 90 minutos. Os pases en curto, o xogo vertical e que o rival non cruzase o medio campo foi o ABC dun Celta Fortuna que realmente sentíase superior. Unha xerarquía que materializou Hugo Álvarez no minuto 7′ co primeiro gol celeste. Pasada a media hora o Osasuna parece reaccionar e, tras un par de tiros aos tres paus, Aguilar asesta o primeiro tanto dos locais ao bordo do descanso.

Durante o comezo da segunda metade, os galegos parecían verse afectados polo psicolóxico gol dos ‘rojillos’ e por un Adama infranqueable. Pero, tras uns cambios no banco, volveron recuperar a frescura inicial e marcar o segundo celeste; un cetrero disparo de Alfon entre as pernas de Stamatakis no minuto 73′. A 20 do final Fer López tentou sentenciar cun 1-3, pero os navarros resistíanse e Jorge Aguirre buscaba a remontada cun gol a balón parado que terminaría sendo o último do encontro.

Un xusto 2-3 para a Celta Fortuna que suma unha semana máis e posiciónase, con 17 puntos, no alto da clasificación. O próximo partido dos de Claudio Giráldez será o sábado 28 de outubro ás 16:00h. contra o C. E. Sabadell en ABANCA Balaídos.

 

FICHA TÉCNICA

2 – Osasuna B: Stamatakis, More, Adama, Garrzi, Osambela, Ander Yoldi (Sancho, min. 78), Buján (Agirre, min. 68), Molina, Eneko (Mutilva, min. 81), Svensson (Azcona, min. 78) e Michelis (Mauro, min. 68).

3 – Celta Fortuna: Coke, Jai Rueda, Javi Rodríguez, Yoel Lago, Joel López (Manu Fernández, min. 71), Hugo Álvarez (Dela, min. 91); Damián, Miguel Román; Fer López (Tincho, min. 81), Alfon (Bruno, min. 81) e Pablo Durán (Dani, min. 71).

Goles: 0-1. min. 5: Hugo Álvarez (penalti); 1-1, min. 44: Eneko; 1-2, min. 72: Alfon; 1-3, min. 78: Fer López; 2-3, min. 87: Agirre.

Árbitro: Brull Acerete. Expulsou por doble cartón a More (min. 96) e  amonestou a Eneko, Javi Rueda e Joel López.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas