O Sestao River rompe co refacho da Celta Fortuna tras unha traballada vitoria en Las Llanas. Os locais conseguiron impoñerse, con gran esforzo, ao líder da clasificación.
Os de Aitor Cale, que viñan de acumular tres derrotas consecutivas na competición, buscaban sacarse as teas de araña ante a súa afección e pouco tardaron en logralo. Tras varias visitas á portería rival, coas súas correspondentes paradas impecables de Ruly, o once sestaoarra aproveitou unha penalti sobre Jon Guruzeta para lograr o primeiro e único gol do encontro. Tivo algunha a Celta Fortuna durante a primeira metade, pero non conseguiu afinar o tiro.
Xa no inicio da segunda parte, Claudio Giráldez apostou por un triplo cambio co obxectivo claro de darlle a volta ao marcador. Foron moitos os centros perigosos e remates dos celestes dentro da área biscaíña, levando mesmo ao Sestao a pedir a hora, ata que a expulsión por dobre amarela de Yoel Lago deixou ao cadro visitante cun menos sobre o terreo de xogo. A pesar dos esforzos en minoría do cadro galego, pouco puido facer para lograr polo menos un punto.
O próximo partido do filial celeste será en casa o domingo 12 de novembro ás 16:00h fronte a Unionista de Salamanca.
FICHA TÉCNICA
1 – Sestao River: Unai Ruiz, Mateo (Martínez, min. 87), Gaizka, Adrián león, Arazanbe (Lobato, min. 81), Gorka Garai (Armando, min. 46), Leandro, Álvaro, Ibai Sanz (Jon Cabo, min. 64), Guruzeta (Uriarte, min. 81) e Markel.
0 – Celta Fortuna:Ruly; Javi Rueda (Tincho, min. 77), Joel López (Pablo Durán, min. 46), Javi Rodríguez, Joel Lago, Hugo Álvarez; Damián, Fer López (Miguel Román, min. 46); Raúl Blanco (Garrido, min. 77), Alfon e Dani González (Javi Domínguez, min. 46).
Goles: 1-0, min. 20: Guruzeta (penalti)
Árbitro: Pozueta Rodríguez. Ensinou tarxeta a Ibai, Cabo e Uriarte polos locais e Fer López polos visitantes. Ademais expulsou por dobre amarela ao xogador do cadro celeste Yoel Lago (min. 86).