RESUMEN FORTUNA CABECERA WEB
A Canteira

Celta Fortuna vs Barcelona Atlètic (1-2) | Resumo e Highlights Primeira Federación

RC Celta

 

O Celta Fortuna cae ante o Barcelona Atlètic en Abanca Balaídos (1-2). Os pupilos de Fredi Álvarez, que se puxeron por diante no marcador cun gol de Fer López no minuto 7, sufriron durante os últimos minutos do encontro tras unha lesión de Coke Carrillo que deixou ao Fortuna sen porteiro e sen cambios dispoñibles. Dela púxose as luvas e tratou de defender o resultado, pero o filial catalán apertou, aproveitándose desa inferioridade numérica, para facerse cos tres puntos.

O Celta Fortuna pon punto final con este partido a unha tempada redonda na que conseguiu clasificarse para o playoff. O primeiro rival dos celestes será o Málaga CF, contra quen se enfrontará en Abanca Balaídos o vindeiro sábado 1 de xuño.

 

FICHA TÉCNICA:

1 – Celta Fortuna: Coke Carrillo; Tincho Conde (min. 73, Javi Domínguez), Manu Fernández, Gael Alonso (min. 81, Bruno Iglesias), Pablo Meixús (min. 58, Antañón), Joel López (min. 73, Gavián); Dela, Miguel Román; Fer López, Pablo Durán e Alfon.

2 – Barcelona Atlètic: Marc Vidal; Olmedo (min. 93, Pau Prim), Pelayo, Mikayil Faye, Gerard Martín; Marc Casadò, Moha Moukhliss, Unai Hernández; Pocho Roman (min. 61, Alarcón), Pau Vitor (min. 83, Marc Guiu) e Dani Rodríguez (min. 83, Fariñas).

Árbitro: Álvaro Rodríguez Recio (comité madrileño). Amonestou a Pablo Meixús do Celta Forutna e a Faye do Barça Atlètic.

Incidencias: Partido correspondente á Xornada 38 do Grupo I da 1º RFEF. Disputado en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas