MINIATURA-RESUMEN-CABECERA-WEB
A Canteira

Celta Fortuna vs Málaga CF (2-2) | Resumo e Highlights Primera Federación

RC Celta

O Celta Fortuna logra un importante empate in extremis ante o Málaga CF en Abanca Balaídos (2-2). Os de Fredi Álvarez, adiantábanse no marcador aos 15 minutos do comezo do encontro grazas a un gol de Alfon. Tras un duelo no que os celestes tiraron a portería en varias ocasións sen sorte, os branquiazuis adiantábanse no marcador cos goles de Genaro e Roberto. Finalmente, no minuto 93, Pablo Durán facía que Abanca Balaídos viñésese completamente abaixo cun golazo para o recordo que demostra que este equipo nunca se rende e loita ata o final. O partido de volta de Play-off na Rosaleda, o vindeiro sábado 8 de xuño ás 19:30, será decisivo.

FICHA TÉCNICA:

2 – Celta Fortuna: Ruly; Javi Rueda, Javi Rodríguez, Yoel Lago, Manu Fernández (Pablo Meixús, M. 46), Hugo Álvarez; Damián, De la Iglesia (Fer López, M. 62), Raúl Blanco (Miguel Román, M.62); Alfonso González (Bruno, M. 87) e Pablo Durán.

2 – Málaga CF: Alfonso Herrero; Carlos Puga (Galindo, M. 78), Juande, Nelson Monte, Víctor García; David Ferreiro, Genaro (Juanpe, M. 86), Manu Molina, Larrubia (Kevin, M. 86); Dani Lorenzo (Sangalli, M. 66) e Roberto (Dioni, M. 78).

Goles: 1-0: Alfon (M. 15). 1-1: Genaro (M. 48). 1-2: Roberto (p) (M. 61). 2-2: Pablo Durán (M. 93).

Árbitro: Luis Bestard (Comité Balear). Amonestou a Manu Fernández (M. 36) e a Ruly (M. 59), polo Celta Fortuna, e a Dani Lorenzo (M. 34), Víctor García (M. 57) e Roberto (M. 71), polo Málaga.

Incidencias: Partido de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División disputado no estadio Abanca Balaídos ante 5.705 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b

Noticias recomendadas