MINIATURA RESUMEN CABECERA WEB fortuna (4)
A Canteira

Celta Fortuna vs Rayo Majadahonda (3-0) | Resumo e Highlights Primeira Federación

RC Celta

O Celta Fortuna brillou en Abanca Balaídos cunha contundente vitoria sobre o Rayo Majadahonda (3-0). O tridente ofensivo conformado por Pablo Durán, Alfon e Raúl Blanco erixiuse como protagonista, unha vez máis, selando o destino do encontro con tres goles antes do descanso.

A intensidade diminuíu ao longo da segunda metade, pero mantivo o interese pola estrea de dous xuvenís, Ángel Arcos e Manu Rodríguez.

Esta vitoria afianza a posición do filial na táboa, demostrando o potencial da canteira para asegurar a súa presenza nos play-offs.

FICHA TÉCNICA: 

3 – Celta Fortuna: Ruly García; Javi Rodríguez, Manu Fernández (min. 46, Javi Domínguez), Yoel Lago, Pablo Meixús (min. 74, Ángel Arcos), Joel López; Dela, Miguel Román; Raúl Blanco (min. 46, Fer López), Pablo Durán (min. 86, Manu Rodríguez) y Alfon (min. 86, Manu Garrido).

0- Rayo Majadahonda:Dani Martín; Ceballos, Javier Gordo (min. 63, Pablo), Kike Hermoso, João Dias, Camacho; Izan Redondo (min. 46, Nakai), Raúl Tavares, Sergio Navarro, Pablo Hervías (min. 63, Samu) y J. Cortés (min. 46, Jeisson).

Árbitro: Alberto Fonte Martín (comité cántabro). Amoestou a Pablo Hervías, do Rayo Majadahonda.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 36 do Grupo I da 1º RFEF disputado no estadio de Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas