ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O Celta B cae ante o CD Tudelano despois de seis xornadas invicto (0-2)

RC Celta

Amarga derrota por 0-2 ante o CD Tudelano no partido correspondente á vigesimoséptima xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters disputado en Barreiro. Os celestes víronse sorprendidos por dous goles temperáns dos visitantes e puxeron fin a unha serie de seis partidos sen coñecer a derrota.

O partido comezaba con igualdade de forzas entre dous conxuntos que dispoñían de senllas ocasións nos primeiro minutos. Con todo, o partido desnivelaríase grazas a dous goles practicamente consecutivos do Tudelano, obra de Laerte e Caballero, que pillaban por sorpresa ao conxunto celeste. Os de Onésimo melloraron co paso dos minutos e mesmo puideron recortar distancias no marcador por medio de Alfon, pero o seu disparo marchouse ao lateral da rede.

Tras a continuación empeoraba a situación do filial celeste, que quedaba en inferioridade numérica tras a expulsión por vermella directa de Carbonell. O conxunto céltico dispuxo de boas oportunidades nas botas de Holsgrove, Fabrício e Cedric, pero non foi capaz de concretar ante un Tudelano que foi capaz de defender a súa renda.

Pase o que pase no resto da xornada, o Celta B mantén a terceira posición despois de sumar 47 puntos en vinte e sete xornadas. Tras esta derrota, o segundo equipo céltico visitará ao Zamora CF o vindeiro domingo 20 de marzo ás 12:00 no Ruta de la Plata.

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Iker Losada (Carrique, min. 68), Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Carbonell, Holsgrove; Alfon (Fran López, min. 58), Gabri Veiga (Beitia, min. 68), Javi Gómez (Cedric, min. 58); Lautaro (Fabrício, min. 48).

2 – CD TUDELANO: Zabal; Iván López (Cavace, min. 63), Pela, Diego Royo, Luna; Laerte (Cabellud, min. 63), Aitor González (Gastón, min. 85), Gualda, Aranzabe (Cedenilla, min. 85); Caballero, Alain Ribeiro (Agus Alonso, min. 80).

Goles: Laerte (0-1, min. 13); Caballero (0-2, min. 17).

Árbitro: Pozuela Rodríguez, do colexio cántabro. Amonestou a Gabri Veiga e Iker Losada, do Celta B, e a Iván López, Laerte, Alain Ribeiro, Zabal, Diego Royo e Cavace, do CD Tudelano, e expulsou a Carbonell e Gael, do Celta B, e a Diego Royo (dobre amarella), doCD Tudelano.

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas