20220327_Partido_CeltaBVsRCDeportivo_3
Celta b

Histórica vitoria do Celta B ante o RC Deportivo en Abanca Balaídos (2-1)

RC Celta

O Celta B volveuno a facer. O filial celeste regresou á senda da vitoria tras derrotar por 2-1 ao RC Deportivo da Coruña en Abanca Balaídos no partido correspondente á vixésimo novena xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters.

O partido comezaba de maneira inmellorable. Un balón por banda dereita de Javi Castro que atopaba a Fabrício no corazón da área para, de primeiras, facer o 1-0. O Deportivo reaccionou a partir da media hora, pero atopouse cun impecable Gaizka para manter o 1-1 ao descanso.

Despois dun igualado tramo inicial da segunda metade, os visitantes subían as táboas ao marcador desde o punto de penalti por medio de Quiles. Precisamente, o Dépor quedaba en inferioridade numérica tras a expulsión do exceleste por dobre amarela. Isto deu o empuxe suficiente a un Celta B que, a falta de dous minutos para o final do tempo regulamentario, conseguía o 2-1 cun golazo de Javi Gómez desde fóra da área.

Tras este importante triunfo, o Celta B alcanza os cincuenta puntos e mantense en posicións de play- off de ascenso. O segundo equipo céltico visitará ao DUX Internacional de Madrid o vindeiro domingo 3 de abril ás 17:00 no Municipal de Villaviciosa.

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Javi Castro, Álex Martín, Carlos Domínguez, Diego Pampín (Medrano, min. 57); Alfon (Beitia, min. 64), Carbonell, Holsgrove, Miguel Rodríguez (Javi Gómez, min. 64); Fabrício (Lautaro, min. 69), Gabri Veiga (Iker Losada, min. 69).

1 – RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA: Mackay; Lapeña, Jaime, Borja Granero, Héctor Hernández; Diego Villarres, Álex Bergantiños (Doncel, min. 88), Juergen; Mario Soriano (Calavera, min. 81), Quiles, Aguirre (William, min. 58).

Goles: Fabrício (1-0, min. 12); Quiles, p. (1-1, min. 68); Javi Gómez (2-1, min. 88).

Árbitro: Alberola Rojas, do colexio castellanomanchego. Amonestou a Carlos Domínguez, do Celta B, e a Quiles e Héctor Hernández, do RC Deportivo. Expulsou a Ruly García, do RC Celta, e a Quiles, do RC Deportivo, por dobre amarilla.

Campo: Abanca Balaídos, 9.011 espectadores.

Observaciones: O Himno Galego foi entoado por ambas afeccións cando os equipos saltaron ao terreo de xogo.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas