20230422_CeltaBVsCFTalavera_3
Celta b

O Celta B rescata un punto ante o CF Talavera de la Reina (1-1)

RC Celta

O Celta B empatou (1-1) ante o CF Talavera de la Reina no partido correspondente á xornada 33 de Liga no grupo I de Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos. Un partido no que os celestes tiveron que remar en busca do empate tras o gol inicial dos visitantes.

Moita igualdade nunha primeira metade sen ocasións excesivamente claras na que os celestes dispuxeron das mellores chegadas nas botas de Raúl Blanco. O Talavera, que o tentaba cun tiro de Reguera, poñíase por diante no marcador cun gol de Escudeiro a balón parado na última acción do primeiro tempo.

O filial celeste saíu con forza tras a continuación e empuxou en busca dun gol que se demoraría ata o último cuarto de hora de partido, momento no que Clemente Montes anotaba a súa primeira diana como celeste para poñer a igualada. Uns minutos finais nos que os de Claudio Giráldez envorcáronse en busca dun tanto que certificase a remontada, pero que non acabaría chegando.

Desta forma, o Celta B dorme en quinta posición con 53 puntos en 33 xornadas. Tras este empate, o segundo equipo céltico visitará á Cultural e Deportiva Leonesa o vindeiro domingo 30 de abril ás 12:00 no Reino de León.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA B: Ruly; Javi Rodríguez, Javi Domínguez (Carrique, min. 71), Sergio Barcia, Iván López (San Bartolomé, min. 87), Tincho (Clemente Montes, min. 71); Damián, Hugo Sotelo; Raúl Blanco (Iker Losada, min. 46), Pablo Durán (Lautaro, min. 59), Hugo Álvarez.

1 – CF TALAVERA DE LA REINA: Biel Ribas; Lucas Alcázar, Dani Ramos, Morante, Brau (min. Neyder Lozano 90+4); Reguera (Álvaro Juan, min. 71), Lassina, Zanelli (Edu Gallardo, min. 81); Escudero, Buenacasa (Sito Riera, min. 81), Souley (Javi Bueno, min. 71).

Goles: Escudero (0-1, min. 45+1); Clemente Montes (1-1, min. 76).

Árbitro: Conejero Sánchez, del colegio extremeño. Amonestou a Iván López e a Carrique, do Celta B, e a Morante, Javi Bueno e Brau, do CF Talavera.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas